Durmindo soños maduros persistentes no empeño de verse realizados, collo lápis cal bastón e comezo un camiño no meu mapa non trazado. Por brúxula levo sentires, o seu norte a medio abrazo entre o feito e o anhelo. Ata mín asoman voces dende a profunda soidade, expraiada en arrecendos mariños de repouso fatigado. Baixamar tamén no meu ánimo, pérdome en sendeiros acuáticos de tenues cantos que cegan cal ondanadas de pranto. Un sentir fatigado me oprime, abro fendas na súa carne cal estratexia de sangrado, cruenta práctica sanitaria. Así logro extirpar tensións como quen de tripas vacía o peixe, e sinto que a dor me libera da dor de saberme feble nos meus propios sentimentos. Prosigo a facer o camiño polo que o soño me leva. Verquida a dor dos sangues... agrómanme solpores nos ollos. Entretanto escribo... escribo escribo escribo, espallando pensamentos modelados con verbas de expontáneo rudimento. Como flores da melancolía queren vestirse de gala, camuflándose entre as herbas ornadas con pingas de orballo como estrelas desveladas. |



