Deambular polo mundo solitario da escritura é non sentir a soidade por ser dela unha parte. É perderse nun deserto de palabras como areas, que voan nas ás do vento do sentido pensamento. Verterse en lixeiras verbas que se enchen como velas, dun veleiro no que os soños que non poden voar navegan. Explorar o mundo da escritura é atopar un universo sen barreiras. É narrar vidas non vividas e darlles a cor dunha idade... ![]() o nome dun tempo... o sabor dunha identidade... Reflexionar sobre décadas inesquecibles, como a da infancia, restaurando momentos perdidos, crebados... ou abandoados. Revolcarse entre verbas susurradas, vivir unha paixón inesgotable, incapaz de saturar ao dilatado corazón namorado. É perderse entre siluetas arquitectónicas, camuflándose entre as tebras desentrañar xeroglíficos das misteriosas sombras. É nadar sen desacougo nun mar sen fin, contido nunha cunca cuia auga é a sustancia do sentir. |





