Memoria

‎‏‎‎‎‎‎‎‏‏‏‏‏‎‎‎‎‎‏‎‎‏‎‎‎‏‏‏‏‏‏‎‏‎‏‎‏‎‎‏‎‎‏‏‎‏‎‎‎‎‎‏‏‏‏‎‏‎‎‏‏‎‏‏‎‎‎‏‏‎‏‏‏‏‎‎‏‎‏‎‏‏‏‎‏‏‎‏‎‏‎‎‏‎‎Disque

Faite seareiro

Somos parte de



Susana Pazo


Susana Pazo Maside, pintora, escultora e poeta estradense.

A caída das follas

Publicado a 01/11/2010 01:58 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes

Ás veces....

... a caída das follas ......

l-é-v-a-s-e 

a-l-g-o 

m-á-i-s

...ca follas.


Outras veces....

...simplemente.........

............................... ábrelle camiño á luz.

Durmindo soños maduros

Publicado a 01/11/2010 01:57 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes

Durmindo soños maduros
persistentes no empeño
de verse realizados,
collo lápis cal bastón
e comezo un camiño
no meu mapa non trazado.
Por brúxula levo sentires,
o seu norte a medio abrazo
entre o feito e o anhelo.

Ata mín asoman voces
dende a profunda soidade,
expraiada en arrecendos mariños
de repouso fatigado.
Baixamar tamén no meu ánimo,
pérdome en sendeiros acuáticos
de tenues cantos que cegan
cal ondanadas de pranto.

Un sentir fatigado me oprime,
abro fendas na súa carne
cal estratexia de sangrado,
cruenta práctica sanitaria.
Así logro extirpar tensións
como quen de tripas vacía o peixe,
e sinto que a dor me libera
da dor de saberme feble
nos meus propios sentimentos.

Prosigo a facer o camiño
polo que o soño me leva.
Verquida a dor dos sangues...
agrómanme solpores nos ollos.

Entretanto escribo...
escribo escribo escribo,
espallando pensamentos
modelados con verbas
de expontáneo rudimento.
Como flores da melancolía
queren vestirse de gala,
camuflándose entre as herbas
ornadas con pingas de orballo
como estrelas desveladas.

Subindo, baixa subindo

Publicado a 01/11/2010 01:55 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes

Non logra o esquecemento
de sí mesmo fuxindo
o círculo pechar.

Subindo...
baixa subindo
como pedra de abalar.

Deambular polo mundo da escritura

Publicado a 11/07/2010 02:36 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes   [ atualizado a 26/08/2010 10:14 ]

Deambular polo mundo

s
olitario da escritura
é non sentir a soidade
por ser dela unha parte.

É perderse nun deserto
de palabras como areas,
que voan nas ás do vento
do sentido pensamento.

Verterse en lixeiras verbas
que se enchen como velas,
dun veleiro no que os soños
que non poden voar navegan.

Explorar o mundo da escritura
é atopar un universo sen barreiras.

É narrar vidas non vividas
e darlles a cor dunha idade...
o nome dun tempo...
o sabor dunha identidade...

Reflexionar sobre décadas
inesquecibles, como a da infancia,
restaurando momentos perdidos,
crebados... ou abandoados.

Revolcarse entre verbas susurradas,
vivir unha paixón inesgotable,
incapaz de saturar ao dilatado
corazón namorado.

É perderse entre siluetas arquitectónicas,
camuflándose entre as tebras
desentrañar xeroglíficos das misteriosas sombras.

É nadar sen desacougo
nun mar sen fin, contido
nunha cunca cuia auga
é a sustancia do sentir.

1-4 of 4