Memoria

‎‏‎‎‎‎‎‎‏‏‏‏‏‎‎‎‎‎‏‎‎‏‎‎‎‏‏‏‏‏‏‎‏‎‏‎‏‎‎‏‎‎‏‏‎‏‎‎‎‎‎‏‏‏‏‎‏‎‎‏‏‎‏‏‎‎‎‏‏‎‏‏‏‏‎‎‏‎‏‎‏‏‏‎‏‏‎‏‎‏‎‎‏‎‎Disque

Faite seareiro

Somos parte de



David Otero‎ > ‎

Velaí hoxe un chamo…

Publicado a 11/11/2009 06:46 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes   [ atualizado a 15/11/2009 09:57 ]
“ VELAÍ HOXE UN CHAMO DE FERMOSURA DOLOROSA

NA LOITA

E NESTE ENCONTRO XERACIONAL MÚLTIPLE, POTENTE E CONVERXENTE,

NA POESÍA,

NA ESTRADA CAPITAL,

PARA ASÍ PROCLAMARMOS TODOS…

QUEREMOS GALEGO!...”

E así cóllote a ti poesía…

como arma que o es na esencial palabra…

do meu idioma…,

cando ao servizo da vida

e na defensa da nosa causa

estás na loita, na rúa…

e na batalla.

E así cóllote a ti poesía…

para que se poida escoitar sentido

este brado noso compartido,

expresado con firmeza

cando facemos fronte común

a eses bilingües pintorescos …

e mentirosos.

E si…que nós QUEREMOS GALEGO

para que así se escoite forte…

a sabor compartido de corazóns…

indo nós e conquistando…

os horizontes tan soñados

que nos agardan…

para que nos cheguen de vez os nosos días.

E si … que nós QUEREMOS GALEGO

para que os son milenarios do noso pobo…

na nosa Lingua…

se fagan voces de vitalidades solidarias;

que ninguén foi quen de destruír…

nin tampouco será pois quen…

de desterrar.


E que así se apunte pois ningún triunfo democrático valida… un etnocídio… david otero novembro do ano de loita a prol do noso idoma