Asociación Cultural “Vagalumes”
informa que o vindeiro venres, 5 de marzo, vai organizar a
presentación do libro de David Otero “Nun bambán de virar baldo”.
Celebrarase ás 20:00 h. na sala de exposicións de Caixa Nova, na
rúa principal da Estrada. Intervirá o autor, David Otero e os
historiadores Xoán Carlos Garrido e Dionisio Pereira, presentará o
acto Tino Regueira.
Unha das historias que inspirou este libro será motivo de lembranza nesta actividade polos historiadores que acompañan ao autor, xa que se fará un recoñecemento aos 5 membros da familia Ventín que foron fusilados xuntos o 31 de decembro de 1936. Tres irmás eran das Quintas, Codeseda, Concello da Estrada, e o seu tío e primo que compartiron o mesmo destino, eran de Cerdedo.
Para máis información sobre estes feitos:
http://www.blogoteca.com/autoestrada/index.php?cod=2100
http://www.blogoteca.com/autoestrada/index.php?cod=2337
|




