(Homenaxe á tradición oral do pobo) A Asociación Cultural “Vagalumes” quere celebrar o centenario do falecemento dunha personaxe popular que chegou a consagrarse na literatura oral como o autor de numerosos ditos e anécdotas que foron pasando de xeración en xeración e traspasaron as fronteiras da nosa terra a través da emigración. Referímonos a Ramón de Liripio. A Asociación Cultural “Vagalumes”, coa colaboración dos veciños e veciñas da parroquia de Liripio, imos homenaxear a este enxeñoso xornaleiro que coas súas sentenzas forneceu e deu pulo á sabedoría popular, e con el ao pobo labrego que, mesmo nos anos que a nosa escrita era perseguida, mantivo viva a literatura na fala. A Asociación Cultural “Vagalumes” celebrará unha ofrenda floral na súa tumba o venres 11 ás 19:00 h. e finalmente desenvolverá os actos de homenaxe o Domingo 13 ás 18:00 h. No local social da parroquia de Liripio no que contaremos coa intervención de do autor do libro "Ramón de Liripio (un colo no que contar) David Otero, e os contacontos Celso Sanmartín, Fantoches Baj, Manuel Alén e Barbastristes. |




