Publicado a 21/02/2013, 02:18 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
[
atualizado a 22/02/2013, 04:13
]
Con motivo do día de Rosalía (24 de febreiro), coincidindo este ano co 150 aniversario de “Cantares Gallegos”, a Asociación Cultural “Vagalumes” ten previsto realizar un acto o devandito domingo 24, ás 19:00 h. No Teatro Principal da Estrada. A entrada será libre e gratuíta. Consiste na escenificación dunha obra, "O Mundo segundo Rosalía", baseada nos textos de Rosalía de Castro a cargo do grupo de teatro da Sociedade Cultural “Medulio” de Ferrol. É a nosa intención facerlle unha xusta homenaxe a esta escritora, mais tamén ofrecerlle a oportunidade ao público en xeral de acceder de xeito ameno a súa magnífica obra, lamentabelmente silenciada e acochada como consecuencia de que algúns dos seus textos foran escritos nunha lingua perseguida e negada. Rosalía de Castro é un dos nosos clásicos e como tal merece ser coñecida e desfrutada, especialmente neste ano, o seu poemario “Cantares Gallegos” que revolucionou a nosa historia cultural e que precisamente na súa honra celébrase cada ano o 17 de maio, desde hai 50 no que se conmemorara o centenario da súa publicación. |
Publicado a 22/07/2012, 11:04 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
[
atualizado a 22/07/2012, 11:08
]
Publicado a 13/06/2012, 11:13 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
[
atualizado a 13/06/2012, 11:17
]
Podemos poñer en presente o recordo de setenta e cinco anos que se cumpren por moitas cousas.Hoxe, unha en especial, na presencia dos nosos mártires e significadamente coa presencia en nós, ben dentro, de ALEXANDRE BÓVEDA, recordamos con respecto o fusilamento de tres membros da Corporación Estradense, alcalde e dous tenentes de alcalde, e tres representantes da veciñanza republicana. Vida, memoria e lealdade para eles. E ASÍ DIREMOS:
Ramón Fernández Rico Manuel Nogueira González Jesús Puente Fontanes
E ASÍ DIREMOS
José María Pena López Cándido Tafalla Froiz José Rodríguez Sangiao
E ASÍ DIREMOS BEN.HONRA E XUSTIZA PARA ELES. FILLOS DA ESTRADA SIGNIFICADOS REFERENTES DE EXEMPLARIEDADE. PRESENTES…
Ben sabemos, e hoxe están entre nós verdadeiros protagonistas dos feitos, ou víctimas deles, que a loita pol a MEMORIA HISTÓRICA ADQUIRE A CADA PASO NOVAS DIMENSIÓNS.O que semellaba olvidado,o que semellaba difícil de recuperar,comeza a coller corpo… alomenos comézase a abrir o libro da verdade …por moito que se empeñen en pechalo.E así… sen apoio institucional…a sociedade civil móvese. Velaí que polo mesmo… aquí estamos HOXE celebrando e recordando… neste foro estradense da Memoria…pero tal como se o fixésemos clandestinamente e como pedíndolle perdón aos vencedores ilexítimos, por este anaco democrático e como nun refuxio contra os bombardeos de quen mandan. Bombardeos silenciosos e efectivos como… a reforma laboral, os recortes de sanidade, os da educación, as privatizacións a prezos de ganga, o sufrimento e o pagamento de barbaridades bancarias, a reducción de identidades, de nacionalidades, a desmemoria e os olvidos meditados, etc, e así e sobre todo bombardeos… que nos colocan na perda de tantas conquistas adquiridas pola cidadanía durante tantos anos de loita . Conquistas que nos levarían, e que nos levarán cos anos urxentes de responsabilidade nacional, ao recoñecemento que nos asiste a tomar as nosas propias decisións nesta sociedade determinada. Poñámoslle hoxe o acento de adhesión plena na urxencia de recuperar a memoria,pois os olvidos ou os descoñecementos… significan baleiros e ocos da nada, e un pobo que perde a memoria é un pobo sen luz, sen referentes, sen oriento. Non é de recibo que os herdeiros daquel militar de Ferrol, os seus amén de hoxe, os si señor…que residen nesta democracia a golpe de mando e dispoñer ( do contrario non estarían),pois non é posible, repetimos, que pasen páxina… sen que esa sexa lida polo pobo en voz alta e sen censura. A memoria…é un patrimonio irrenunciable que nos queda aos vencidos. Borrala é o que queren os vencedores.Preservala é a nosa obriga coa humanidade. Hai que recuperar a memoria na súa función de detonante, pois como dixo o poeta:
quedarse imparcial… é colocarse ao lado dos que dominan, e nós imos de camiño… contra o olvido.
A esperanza como espera… é simplemente… renunciar, pero pensar… en como facer o posible… esa é a esperanza, e ir a ese horizonte… esa é a esperanza.
Esa marabilla que… aínda coxeando… chega…
Esa é a esperanza.
HOXE A VOZ QUE QUERE SER… É… A DOS DOMINADORES, pois din que foron elexidos democráticamente, pois si…pero nós dicimos… que non foron elexidos para faceren o que fan. E sábeno ben e aínda así…fano. E velaí que moitas das nosas Corporacións e institucións son algo así como a evocación do baleiro, pura envoltura dunha democracia oca.Puxeron, e poñen, no máis alto, a mentira e o engano. Todo o que acordan… din que o fan polo ben supremo de España, pois si…fano pola súa querida Banca e pola sufrida clase empresarial.Pola desmemoria absolutaPolo antes de nós…nada de nada. Velaí como a democracia se baleira e como o aparato do estado se reforza. As termitas neofranquistas… tragan sen parar as nosas conquistas. Pero con todo , moitas e moitos, non están parados e hoxe en especial é a memoria viva e activa,comunal,estradense…quen debe alegrarnos as horas e os días. As feridas están abertas e para que non supuren é imprescindible que os nosos mortos descansen en paz.E que os culpables sexan procesados. Non valen as versións interesadas e…hai que ir aos orixinais. Por que teiman tanto…, preguntamos, en nos ensinar que odiemos a quen se rebela…? Velaí que arestora, e desde quen nos gobernan, hai un ben de discursos de guerra.As opinións ao curso referidas ás nosas reivindicacións dinse nas voces dos amos como algaradas, broncas, “perroflautas”, resistencias ás autoridades…violencias de rúas…etc…Velaí esas opinións… construídas a todo discurso de única bandeira e a toque de carga. E foi daquela co frasquito de Ferrol… que se dicía… que había unha España que comía pouco e que se divertía.Os neocoms faes de agora… xa nin dan lugar para o segundo… e reforzan o primeiro.Comer menos… e de divertirse…o menos tamén. Estamos, como xa dixeron moitos, vivindo en tolerancia represiva. En liberdade vixiada.e a xustiza anda polas esquinas e non a percibimos nin viva,nin activa, nin activada.Vémola de viaxe a noites de corpo de rei. Vivimos malos tempos. E hai que escoller, como di Galeano, entre indignos e indignados, aínda que afloran moitos que se din neutros pero…a neutralidade é unha idea, non sei quen o dixo, que nin deus a concibe. O tema , amigas e amigos…é que non podemos seguir hipotecando as nosas vidas.Non lles podemos seguir ofrecendo a iogular.si…aos moitos que xa se quitaron os traxes de “ demócratas”para poñérense o seu verdadeiro vestiario…o de reaccionarios con garabata de marca ( e xa veremos en que dá a color da camisa).
Nós queremos dicir algo.Nós queremos que nos escoitenE para iso… Digamos e sintamos que non temos medo. Ese medo que mal se ve e se toca,pero que se percibe no ambiente.Non teñamos medo…pois medo… é o que dan eles. Eles que queren instalar un modelo excñuínte de sociedade.Eles que o que queren, entre outras cousas,é que soamente alcancen o paraíso…aqueles que o merezan… en virtude do berce no que naceron. Pero…NÓS somos unha sociedade,un pobo,que reivindica a dignidade, que iso é responsabilizarse, e así beber en presente nos horizontes intuídos. SOMOS UN POBOque quere definir espazo propio para xestionar a súa vida,que quere definir proxectos de construcción que modifiquen estes traxectos erróneos de agora…E así pois SOMOS UN POBO que tamén quere…ter e usar a liberdade plena para recordar o seu pasado ,para establecer a súa memoriae pechar as súas feridas,querendo andar, sen querer parar… E iso, sabémolo, sempre é unha oportunidadeE iso nunca será un perigo... E iso nunca será unha ameaza. E por iso,na esperanza,hoxe estamos na memoria colectiva recordando homes extraordinarios con traxectorias vitais intachables.rotas e roubadas a morte, polo fascismo…Eles axúdannos a entender mellor a nosa historia. Por iso nos esforzamos e por iso pedir democracia non pode ser subversivo… E desde A Estrada tratamos de aportar gran e fariña para o pan común da convivencia. Xa que saber de nós, do noso pasado…da nosa memoria histórica, con acentos de pólvora…naquelas macabras culpas de inocentes … culpas que non foron tal…e feitas logo realidades naquelas sentencias de morte inapelables,cos seus conseguintes fusilamentos, así nolo require o noso pobo, os nosos mártires…e así tamén…a boa saúde democrática. Por iso lle dicimos aos nosos mártires: Militamos nos tempos de esperanza… e queremos romper os olvidos, pois a historia… non está tan lonxe de nós.
E recordando as mentiras que nos contan… soamente queremos que esteades aquí… entre nós…
con toda a normalidade, pois vós… non sodes de ningunha parte, vós sodes nosos. E por iso…queremos tamén traballar con vós… xuntos… pola soberanía do noso pobo. E por iso, atoda lealdade e honra, Repetimos os seus nomes:
Ramón Fernández Rico Manuel Nogueira González Jesús Puente Fontanes José María Pena López Cándido Tafalla Froiz José Rodríguez Sangiao.
PRESENTES SEMPRE…!
david otero,( a xuño de fillos estradenses, MMXII).
| |
Publicado a 01/06/2012, 05:20 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
[
atualizado a 13/06/2012, 02:59
]
Publicado a 13/05/2012, 10:30 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
Publicado a 06/05/2012, 11:14 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
[
atualizado a 07/05/2012, 03:09
]
Publicado a 25/04/2012, 22:58 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
[
atualizado a 26/04/2012, 07:37
]
Publicado a 07/04/2012, 07:16 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
[
atualizado a 07/04/2012, 13:50
]
Publicado a 01/04/2012, 00:31 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
[
atualizado a 01/04/2012, 02:26
]
Dirixímonos a vós para informarvos da postura da Plataforma “Queremos Galego” da Estrada sobre a decisión do Concello de non colaborar no Correlingua deste ano. Trátase, ao noso entender, dunha decisión que pon de manifesto, unha vez máis, a persecución e criminalización que, desde as institucións gobernadas polo Partido Popular, se vén facendo da defensa da nosa lingua e da nosa cultura. Este intento por destruír os nosos sinais da identidade é cada vez máis evidente. Mesmo se ataca o máis básico, o que está recoñecido na lexislación e asumido polo conxunto da poboación: que o galego é a lingua propia de Galiza e o que nos identifica como galegos. Neste sentido, é censurado o manifesto gañador, elaborado por un alumno de 4º da ESO do CPI de Pontecesures, que resulta non ser do “gusto” do Partido Popular. Esta é a disculpa para censurar o Correlingua no noso Concello, negándolle a axuda que lle viña prestando nos últimos anos. Quizais os nosos representantes institucionais non se decatan de que o Correlingua é unha actividade lúdica e educativa, con 13 anos de historia, na que participan miles de rapaces de todo o país e de que o seu obxectivo non é outro que favorecer a reflexión entre a mocidade sobre a importancia que ten a defensa da nosa lingua. É obvio que o Partido Popular ten un inexplicable interese en acabar con todo o que nos identifica como galegos; pero, aínda así, non podemos entender como os gobernantes do Concello da Estrada, persoas que deberían coñecer a nosa realidade social, obedecen cegamente as ordes ditadas polos dirixentes do seu partido, negándolles aos rapaces e rapazas da Estrada e da nosa comarca a posibilidade de participaren nesta actividade lúdica, creativa e educativa. Non é esta a primeira vez que o Concello da Estrada actúa deste xeito: podemos lembrar como, moi recentemente, rexeitaron homenaxear a Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento. Desde Queremos Galego imos responder aos ataques, á censura e ao desprezo que se practica en contra da nosa lingua e cultura. Con este obxectivo e tamén en relación co Día das Letras, temos prevista a realización de varios actos, aínda por concretar definitivamente. Será a partir da segunda semana do mes de abril e ao longo do mes de maio. Sobre todo isto manterémosvos informados. |
Publicado a 29/03/2012, 23:55 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
[
atualizado a 07/05/2012, 03:14
]
|