Memoria

‎‏‎‎‎‎‎‎‏‏‏‏‏‎‎‎‎‎‏‎‎‏‎‎‎‏‏‏‏‏‏‎‏‎‏‎‏‎‎‏‎‎‏‏‎‏‎‎‎‎‎‏‏‏‏‎‏‎‎‏‏‎‏‏‎‎‎‏‏‎‏‏‏‏‎‎‏‎‏‎‏‏‏‎‏‏‎‏‎‏‎‎‏‎‎Disque

Faite seareiro

Somos parte de



Até onde alcancen as campás de Liripio

 

  • Presentación de SERMOS GALIZA A Asociación Cultural “Vagalumes” organiza para este mércores 7 de decembro, ás 20:30 na sala de exposicións de Caixanova da Estrada, a presentación do proxecto de comunicación “Sermos Galiza”, que pretende cubrir o baleiro existente de información na nosa lingua desde e para Galiza. Esta iniciativa social pretende implicar a todos e todas na implementación dun grupo de base plural e participativa que dea o soporte a necesario para crear un medio informativo axeitado á nosa realidade e no noso propio idioma.Intervirá no acto os representantes do grupo promotor Nestor Rego e Teresa Moure para expoñer as bases do proxecto e responder as dúbidas de todas as persoas interesadas en incorporarse a el.Pregamos a difusión desta convocatoria ...
    Publicado a 06/12/2011 05:19 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
  • Lectura pública da "Alba de Gloria" de Castelao no Pico Sacro A asociación cultural "Vagalumes", integrada na federación de Asociacións Culturais "Galiza Cultura" INFORMA:Diante da desfeita cultural que sufrimos, da que o roubo doCódice Calixtino non é máis que o colmo do abandono e desprezo que padece o noso patrimonio e os bens materiais e inmateriais que forxaron a nosa conciencia colectiva, a federación de asociacións culturais GALIZA CULTURA vai celebrar o vindeiro sábado 23 de xullo unha lectura pública do ALBA DE GLORIA de Castelao desde o cumio do Pico Sacro, espazo simbólico do que soubemos das súas lendas e misterios grazas a obra medieval agora desaparecida. Rememorando á xeración do Seminario de Estudos Galegos que reparou neste lugar emblemático, visitou e estudou, amosando unha actitude intelectual de ...
    Publicado a 22/07/2011 00:48 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
  • Actos de homenaxe a Ramón de Liripio
    Publicado a 20/02/2011 12:19 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
  • Centenario de Ramón de Liripio: señor de xestas, de andares e de moito contar (Homenaxe á tradición oral do pobo) A Asociación Cultural “Vagalumes” quere celebrar o centenario do falecemento dunha personaxe popular que chegou a consagrarse na literatura oral como o autor de numerosos ditos e anécdotas que foron pasando de xeración en xeración e traspasaron as fronteiras da nosa terra a través da emigración. Referímonos a Ramón de Liripio. A Asociación Cultural “Vagalumes”, coa colaboración dos veciños e veciñas da parroquia de Liripio, imos homenaxear a este enxeñoso xornaleiro que coas súas sentenzas forneceu e deu pulo á sabedoría popular, e con el ao pobo labrego que, mesmo nos anos que a nosa escrita era perseguida, mantivo viva a literatura na fala. A Asociación Cultural “Vagalumes” celebrará unha ofrenda floral na súa ...
    Publicado a 07/02/2011 10:04 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
  • Castelao, 125 anos Celebrouse a homenaxe a Castelao no seu 125 aniversario o día 30 de xaneiro de 2011. Despregouse unha faixa na fachada do Concello e colocáronse tamén na Sala de Exposicións de Novacaixagalicia e na praza de Abastos. No acto tivemos a presenza do presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo.
    Publicado a 07/02/2011 09:53 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
A mostrar mensagens 1 - 5 de 34. Ver mais »



  • Non teñen dereito a facelo Son como son, e que sexan, pero que non se pasen. Que non se pasen para ofendernos e sobre todo faltarnos ao respecto. Eles, os do noso goberno ( ao que ...
    Publicado a 04/01/2012 08:39 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
A mostrar mensagens 1 - 1 de 9. Ver mais »

  • A caída das follas Ás veces....... a caída das follas ......l-é-v-a-s-e a-l-g-o m-á-i-s...ca follas.Outras veces.......simplemente........................................ ábrelle camiño á luz.
    Publicado a 01/11/2010 02:00 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
  • Durmindo soños maduros Durmindo soños madurospersistentes no empeñode verse realizados,collo lápis cal bastóne comezo un camiñono meu mapa non trazado.Por brúxula levo sentires,o seu norte a ...
    Publicado a 01/11/2010 01:58 por A. C. Vagalumes Tabeirós-Terra de Montes
A mostrar mensagens 1 - 2 de 4. Ver mais »